Skip to content

cifpferrolterra/Detector-basico-de-CO2-version-low-cost-

Repository files navigation

Detector-basico-de-CO2-version-low-cost-

Aulas saudables no CIFP Ferrolterra

A situación de pandemia motivada pola COVID-19 está a xerar a necesidade de ventilar os espazos cunha frecuencia maior do que se facía ata o de agora. Isto débese a que investigadores determinaron que existe unha relación entre os niveis de CO2 e o virus, xa que, se o CO2 está concentrado, o virus estará tamén concentrado exactamente igual, incrementándose a probabilidade de contaxio. A concentración de CO2 en espazos interiores cerrados aumenta rapidamente na presenza de persoas, que exhalan CO2 ao respirar. A renovación do aire co aire exterior reduce as concentracións de CO2 no interior. Para optimizar esta necesidade de ventilación están a xurdir distintos aparellos de detección de CO2, moitos deles de baixo custo ou low cost. A problemática dalgúns destes últimos é que non fan unha medición real do CO2, senón unha estimación ou prorrateo en función da medición doutros parámetros. A idea do proxecto “Aulas saudables no CIFP Ferrolterra” xurde da necesidade de ventilación motivada pola pandemia da COVID-19 no noso centro, e da de dispoñer dun sistema de baixo custo que permita contar cunha unidade de detección por aula: ao tratarse dun centro tan grande, unhas 50. A posibilidade de que sexa construíble, programable e reparable no propio centro permitiríanos chegar a telas en menos tempo e cun baixo prezo por unidade. Ademais, no modelo proposto empregarase un sensor de CO2 que nos proporcionará información directa da súa concentración, e non de xeito estimativo a partir de outros parámetros. Neste caso usarase un sensor de infravermellos MH-Z19 (B ou C) para detectar a concentración de CO2. A información deste sensor será consultada mediante unha placa de Arduino, sendo este Arduino o que mandará a información a tres saídas: • Pantalla display de 7 segmentos: indicará as partes por millón (en diante ppm) de CO2. Os 7 segmentos permitirán unha visualización a longa distancia, a diferenza de outros tipos, dende distintos puntos da aula. • Leds: verde, ≤500 ppm; amarelo, >500 ppm; vermello, >800 ppm. • Bocina ou buzzer: que emitirá un sinal sonoro cando se acade o nivel vermello.

Unha vez superada a pandemia a súa utilidade manterase, xa que estes detectores tamén avisarán da nocividade das altas concentracións de CO2 que se xeran en aulas con moito alumnado, mellorando o ambiente na aula. A renovación do aire favorece a atención e o rendemento escolar, xa que a exposición a concentracións de CO2 demasiado elevadas produce aletargamento e dificulta a atención. O RD 1027/2007, RITE, definido en situación de non-pandemia, indica unha ventilación de 12,5 litros por persoa e segundo para aulas de ensino e 20 litros por persoa e segundo para garderías. Así mesmo, deséxase que este proxecto sirva para a implantación destes detectores nas aulas de outros centros, concibíndoa como o resultado final dun proxecto multidisciplinar. Este detector low cost será facilmente asumible economicamente e autoconstruíble por calquera departamento de tecnoloxía de Galicia que conte cunha impresora 3D para a construción da carcasa. No caso de que o departamento non conte coa impresora 3D poderase adaptar o proxecto cunha caixa plástica ou con características similares. Coa participación do alumnado tentarase espertar neles a súa curiosidade maker e inicialos neste mundo con grande proxección de futuro. • En primeiro lugar un modelo básico de detector de CO2 low cost cun display de 7 segmentos no que se mostre a cantidade numérica de CO2 que hai na aula, e tres leds (vermello, amarelo e verde) a modo de semáforo, que indiquen a peligrosidade da concentración en función duns rangos establecidos. Unha emisión sonora avisará de cando a situación obrigue a abrir as fiestras para ventilar. Este sensor medirá valores dende 400 ppm (aire limpo) ata un máximo de 2000-5000 ppm, facendo unha lectura continua (por minuto) que fai que se detecten os incrementos de CO2 que se produzan. No display veranse as ppm de CO2.

About

Aulas saudables no CIFP Ferrolterra

Resources

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published

Languages