Skip to content

Proxecto de visualización en Shiny R para dar soporte ás labores de voluntariado da crisi dos pellets en Galicia

Notifications You must be signed in to change notification settings

inesortega/MapaPellets

Repository files navigation

Outra Máis - Monitorización cidadá das praias de Galicia

Aplicación web para facer seguemento da situación das praias galegas. A app está dispoñible na seguinte web, ademáis de na web de Noia Limpa.

Shiny

O ficheiro app.R contén o código para a visualización da app web de shiny. A app carga os datos a intervalos regulares de 5min a partir do ficheiro data/praias.csv, e mostra a información no mapa.

Preprocesamento de datos

O ficheiro data_loader.R é o encargado da obtención e pre-procesamento dos datos. Carga os datos da folla de Excel online, e dependendo do parámetro de actualización update_all ou update_all_dataset actualiza a información dispoñible.

  • Se ambos parámetros son FALSE só actualiza o dataset coa nova información dispoñible en Excel.
  • Se update_all == TRUE actualiza todos os datos dese mesmo día. Deste xeito, podemos incluir na app web novos cambios introducidos manualmente na folla Excel (por exemplo, cambios nas coordenadas).
  • Se update_all_dataset == TRUE entón actualízase o dataset completo, re-procesando todos os datos dispoñibles.

Unha vez seleccionados os datos que é necesario actualizar, empregamos a librería tidygeocode para preprocesar a xeolocalización aportada polo usuario. Se os datos non son válidos, entón tentamos obter a xeolocalización a partires da información do campo Praia.Concello, facendo un proceso de reverse geocoding.

Actualización de datos

O ficherio update_historical.R executa un proceso en bucle para executar as tarefas de actualización de datos de forma periódica:

  • Obtención de novos datos: cada 5 min
  • Actualización dos datos diarios: cada hora
  • Actualización do dataset completo: diariamente, as 3AM.

Despliegue con docker

Unha vez configuradas as credenciais, compilar a imaxe:

docker build -t harbor.gradiant.org/iortega-pellets/pellets:latest .
docker push harbor.gradiant.org/iortega-pellets/pellets:latest

No servidor lanzar os seguintes comandos para actualizar a imaxe e desplegar a nova versión:

sudo docker pull harbor.gradiant.org/iortega-pellets/pellets:latest
sudo docker container rm -f pellets-shiny
sudo docker-compose up -d

About

Proxecto de visualización en Shiny R para dar soporte ás labores de voluntariado da crisi dos pellets en Galicia

Resources

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published