Skip to content

Jupyter notebooks da materia Cálculo Multivariable (1º curso, Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, UDC)

License

Notifications You must be signed in to change notification settings

maprieto/CalculoMultivariable

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

 

History

15 Commits
 
 
 
 
 
 
 
 

Repository files navigation

Cálculo multivariable 20-21: Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos

Estos ficheiros Jupyper correspóndense cos guións de prácticas da materia Cálculo multivariable impartido por Andrés Prieto e Luis Hervella para o Grao en Ciencia e Enxeñaría de datos na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Este é o primeiro curso en cálculo para o estudantado deste grao.

Os ficheiros Jupyter póden ser usados, compartidos e modificados de forma gratuita. Véxase a licencia e os dereitos de autor descritos máis abaixo.

Visualización e execución

As copias destes ficheiros Jupyter están aloxadas no servizo da nube proporcionado por Binder, na carpeta practicas, accesibles dende a seguinte ligazón: Binder

Para unha mellor experiencia recomendase ou ben descargalos ou clonar (usando a opción 'clone') o proxecto completo de Github para usar estes ficheiros nun entorno Jupyter en local.

Comenzando

Cada guión de prácticas (dispoñible nun Jupyter Notebook na carpeta practicas) analiza un tema, con un pequeno conxunto de exercicios que deberán ser realizados ao rematar a sesión práctica.

Autores

Os autores destes guións de práticas son Luis Hervella e Andrés Prieto. Parte do material usado no guión da práctica referente á introducción de Numpy e Matplotlib están inspirados en contidos parcialmente modificados dos notebooks creados por Garth N. Wells (gnw20@cam.ac.uk) no proxecto https://github.com/garth-wells/IA-maths-Jupyter

Licencia e copyright

Todo o material é copyright de Luis Hervella (luis.hervella@udc.es), Andrés Prieto (andres.prieto@udc.es)

Todo o texto está dispoñible baixo a licencia pública internacional de Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 (https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/legalcode).

Todos os códigos de ordenador están publicados baixo a licencia MIT

A licencia MIT Copyright (c) 2021 Luis Hervella, Andrés Prieto

De aquí en diante dáselle permiso, sen custe ningún, a que calquera persoa que obteña unha copia deste software e dos ficheiros de documentación asociados (o "Software"), de empregalos en Software sen restricións, mesmo sen que exista unha limitación dos dereitos de para usar, copiar, modificar, fusionar, publicar, distribuír, sublicenciar e/ou vender as copias do Software; e permíteselle as persoas que obtiveron o Software que o fornezan do mesmo xeito, estando suxeitos ás seguintes condicións: O SOFTWARE OFRÉCESE "TAL É COMO ESTÁ", SEN QUE HAXA GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO, EXPLÍCITAS OU IMPLÍCITAS, INCLUÍDAS MAIS SEN LIMITALAS ÁS GARANTÍAS COMERCIAIS, DA IDONEIDADE PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR E QUE NON SUPOÑA INFRACCIÓNS. EN NINGÚN CASO OS AUTORES OU TITULARES DOS DEREITOS DE AUTOR SE FARÁN RESPONSABLES DE NINGUNHA RECLAMACIÓN, DOS DANOS OU DOUTRA RESPONSABILIDADE, BEN SEXA COMO CONDICIÓN CONTRACTUAL OU DE NEGLIXENCIA OU OUTRA CONDICIÓN, DERIVADA DE, CAUSA DE OU LIGADA AO SOFTWARE OU AO SEU USO OU RELACIÓN CON OUTROS

About

Jupyter notebooks da materia Cálculo Multivariable (1º curso, Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, UDC)

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages