Skip to content

Ferramentas para a defensa do territorio contra os macroparques eolicos

License

Notifications You must be signed in to change notification settings

monfero/eolicosasinon

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

 

History

18 Commits
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Repository files navigation

#eolicosAsiNon

Ferramentas para a defensa do territorio contra os macroparques eolicos

eolicos xlsx2kmz.ipynb - Notebook python versión Colab.

O script serve para crear unha visualización dos diferentes elementos dun parque eólico (aeroxeneradores, liñas de alta tensión (LAAT), poligonais, ...) a partir dos datos publicados no BOE. Os datos extráense de xeito manual desde a publicación do BOE e gárdanse nunha folla de cálculo. O script traduce as coordenadas dos diferentes elementos, en formato EPSG:25829/30, a formato EPSG:4326, e crea un ficheiro KMZ que se pode importar en ferramentas como Google Maps ou Google Eearth.

procesar_todo.py - Versión (obsoleta) previa do script que procesaba ficheiros CSV. +info

Requirimentos

  1. Conta en Google e activación de Drive e Colab
  2. Experiencia en uso de Colab
  3. Git: recomandable para descargar o código

Uso

  1. Utiliza a folla de cálculo modelo para almacenar todos os datos de coordenadas do parque: modelo_de_datos_GL_v1_0.xlsx
  2. Sube a folla de cálculo ao teu Google Drive.
  3. Abre o Notebook en Colab e configura o script: xlsx2kmz.ipynb
  4. Executa o script e obtén o ficheiro KMZ.

Configuración do equipo

Para executar o script python debes activar o servizo Colab nunha conta de Google e abrir o Notebook xlsx2kmz.ipynb desde Colab.

Crea unha carpeta no teu Drive destinada aos ficheiros cos que vas traballar. Nesa carpeta, onde colocarás as follas de cálculo a procesar, tamén debes engadir os ficheiros de imaxe que encontrarás no repositorio (laat.png, molino.png, sub.png, torremet.png e untitled.dae).

About

Ferramentas para a defensa do territorio contra os macroparques eolicos

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published