Skip to content

Corpus de texto ou voz en galego (monolingües e multilingües) para diferentes tarefas PLN/ Monolingual and multilingual text and voice corpora in Galician for different NLP tasks.

License

Notifications You must be signed in to change notification settings

proxectonos/corpora

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

 
 
 
 
 
 
 

Repository files navigation

English text here

Corpus

Nesta sección podes acceder a distintos corpus de texto ou voz en galego (monolingües e multilingües), que poden ser adaptados para diferentes tarefas. Todos estes recursos poden ser descargados con licenzas libres a partir do noso site en Zenodo. Zenodo é un repositorio aberto de uso xeral administrado polo CERN e desenvolvido no ámbito do programa europeo OpenAIRE: rede de repositorios, arquivos e periódicos de acceso aberto que apoia as políticas de acceso aberto na Europa.

Corpus de texto (Macrocorpus)

Nos_CorpusNOS-GL

CorpusNÓS é un corpus masivo para a lingua galega composto por 2.1 mil millóns palabras principalmente deseñado para adestrar modelos de linguaxe grandes. As fontes do corpus son variadas e representan unha ampla gama de xéneros.

O corpus está estruturado da seguinte maneira:

Subcorpus Xénero Nº de tokens Nº de documentos
Datos obtidos mediante acordo de transferencia Libros 7,255,784 104
Artigos de investigación 2,665,351 664
Prensa 124,253,084 224,419
Gubernamental 245,897,880 654,505
Contidos web 15,946,686 44,165
Enciclopédico 4,799,214 47,396
Subtotal 400,817,999 971,253
Subcorpus Xénero Nº de tokens Nº de documentos
Datos públicos Prensa e blogs 153,497,883 665,265
Enciclopédico 57,164,848 184,628
Rastrexos web 1,384,015,664 3,366,449
Corpus de tradución 133,726,004 4,745,799
Subtotal 1,728,404,399 8,777,514
Total 2,129,222,398 9,748,767
Descarga (Zenodo) https://zenodo.org/records/10687642

Seguindo esta estrutura, o corpus contén dúas carpetas para cada subcorpus e dentro de cada subcorpus, pódense atopar carpetas cos diferentes xéneros. Os ficheiros están en formato de texto plano (*.txt) e os documentos individuais dentro de cada ficheiro están separados por dous saltos de liña.

Nota: Algúns dos ficheiros referidos poden faltar nesta versión do corpus debido a acordos de transferencia pendentes e serán incluídos nunha versión futura do corpus en canto estean dispoñibles para a súa publicación.

Se usas o CorpusNÓS para o teu traballo, por favor, cita a seguinte publicación:

de-Dios-Flores, Iria, Silvia Paniagua Suárez, Cristina Carbajal Pérez, Daniel Bardanca Outeiriño, Marcos Garcia and Pablo Gamallo. 2024. CorpusNÓS: A massive Galician corpus for training large language models. Proceedings of the 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese - ACL Anthology (Volume 1), 593-599.

https://aclanthology.org/2024.propor-1.66.pdf

Recoñecemento da fala (ASR)

Neste apartado describimos corpus de texto e voz aliñados que poden empregarse para adestrar ou avaliar sistemas de recoñecemento da fala (ASR). Para este fin, o material sonoro debe segmentarse e aliñarse co texto correspondente, tarefa que pode realizarse de forma manual ou automática (aliñamento forzado). A continuación detallamos os corpus en galego para ASR desenvolvidos dentro do Proxecto Nós.

Nos_ParlaSpeech-GL

Corpus de voz para ASR (texto e voz aliñados), con aliñamento automático, cun total de máis de 1600 horas, creado a partir das sesións plenarias celebradas no Parlamento de Galicia entre os anos 2015 e 2022.

O corpus divídese en dous subcorpus, “clean” e “other”, que constan de 1.196,92 horas (667.308 segmentos) e 477,71 horas (130.332 segmentos) respectivamente. Os segmentos incluídos en “clean” foron filtrados de acordo con varios criterios de calidade, mentres que o subcorpus “other” recolle os segmentos descartados neste filtrado.

Ademais, cada segmento asóciase co identificador do falante correspondente. Os metadatos dos distintos locutores, recollidos dentro do proxecto ParlaMint, pódense consultar nesta ligazón.

O corpus está dispoñible nos formatos STM e JSON, e os ficheiros de audio en formato WAV a 16 kHz e 16 bits.

Nos_TranscriSpeech-GL

Corpus de voz para ASR (texto e voz aliñados) de dominio variado, con transcrición e aliñamento manuais e cun total de 53 horas.

O corpus divídese en catro subcorpus temáticos: Conferencias, Entrevistas, Debates e Discursos.

Os ficheiros de audio contidos no corpus están dispoñibles en formato WAV a 44.1 kHz e 16 bits, e os ficheiros de texto aliñado en formato STM e TRF. Acompáñase o corpus dos metadatos para cada locutor e da guía empregada na realización das transcricións.

Nome do Corpus Lingua/s Transcrición Aliñamento Detalles Descargar (Zenodo)
Nos_ParlaSpeech-GL gl Manual (Parlamento) Forzado ~1.700 horas (~1M segmentos) URL
Nos_TranscriSpeech-GL gl Manual (ad-hoc) Manual 53 horas (~40.000 segmentos) URL

Síntese de voz (TTS)

Neste apartado describimos corpus de voz deseñados para o adestramento de sistemas de síntese de voz (TTS) en galego. Para este fin, o texto a ser gravado debe ser coidadosamente seleccionado para ser balanceado e representativo, e as gravacións deben ser de alta calidade e sen ruídos. A continuación detallamos os corpus en galego para TTS desenvolvidos dentro do Proxecto Nós.

Nos_Celtia-GL

Corpus de voz monolingüe monolocutor para TTS cun total de 25 horas.

Nos_Celtia-GL é un corpus fonética e morfosintacticamente balanceado de 20.000 frases (aproximadamente 200.000 palabras) integrado por dous subcorpus: un corpus previo creado polo Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM), en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e un corpus elaborado dentro do Proxecto Nós a partir de textos de dominio variado.

O corpus foi gravado nun ambiente controlado (estudio de gravación) por unha voz feminina profesional escollida entre catro locutoras a partir dun test perceptivo realizado por máis de 50 persoas con mostras de catro voces onde se valoraba a claridade, a entoación, a agradabilidade e o nivel de lingua.

Os arquivos de son están dispoñibles no mesmo formato da gravación orixinal: 48 kHz e 16 bits en formato WAV e teñen unha duración de aproximadamente 25 horas.

Nome do Corpus Lingua/s Detalles Descargar (Zenodo)
Nos_Celtia-GL gl ~25 horas (20.000 frases) URL

Tradución automática

Corpus bilingües paralelos que inclúen o galego

Neste apartado describimos corpus de traducións humanas (paralelos) que inclúen o galego. Existen dous tipos de corpus paralelos en galego: auténticos e sintéticos. Os primeiros son aqueles que foron realizados por humanos entre o galego e outra lingua, p.e. castelán ou inglés. E os segundos son aqueles transformados artificialmente desde outra variante ou lingua para o galego mediante o uso de diferentes técnicas (p.e. tradución de portugués a galego con transliteración). A continuación detallamos os diferentes corpus paralelos en galego liberados con licenzas libres no Proxecto Nós:

Nome do Corpus Lingua/s Auténtico / Sintético Detalles Descargar (Zenodo)
Nos_ES-GL_aut es-gl Auténtico 36M de oracións URL
Nos_EN-GL_aut en-gl Auténtico 14M de oracións URL
Nos_ES-GL_sin es-gl Sintético 35M de oracións URL
Nos_EN-GL_sin en-gl Sintético 29M de oracións URL
  • Nos_ES-GL-aut inclúe os seguintes subcorpus: ccmatrix, cluvi, gnome, kde, paracrawl, ubuntu, wikimedia, wikimatrix, opensubtitles-es-gl, ted2020, opensubtitles2018.
  • Nos_EN-GL_aut inclúe os seguintes subcorpus: ccmatrix, wikimatrix, cluvi.
  • Nos_ES-GL_sin inclúe os seguintes subcorpus: europarl-es-pt_gl, opensubtitles-es-pt_gl, dgt-es-pt_gl.
  • Nos_EN-GL_sin inclúe os seguintes subcorpus: opensub-en-pt_gl, europarl-en-pt_gl, opus-en-pt_gl, ted2020-en-pt_gl.

Corpus de avaliación

Nome do Corpus Lingua/s Detalles Descargar (Zenodo)
Nos_MT_Gold-ES-GL_1 es-gl 1998 oracións URL
Nos_MT_Gold-ES-GL_2 en-gl 1998 oracións URL
Nos_MT_Gold-EN-GL_1 en-gl 1777 oracións URL
Nos_MT_Gold-EN-GL_2 en-gl 1777 oracións URL
Nos_MT_Test-suite-ES-GL en-gl 334 oracións URL
Nos_MT_Test-suite-EN-GL en-gl 364 oracións URL

Outros recursos

Corpus nun dominio específico:

Obtivéronse dous datasets de máis de 3000 pares de datos tabulares aliñados con comentarios descritivos, un para o castelán e outro para o galego. O corpus en galego é o primeiro corpus para sistemas Data-To-Text en galego coñecido. Estes datasets foron obtidos a partir da base de datos de MeteoGalicia que conta con datos meteorolóxicos dos últimos 10 anos e textos descritivos bilingües escritos polos expertos meteorólogos pertencentes á institución. Cada un dos datasets foi revisado e anotado manualmente para incrementar a súa calidade textual e editado para limitar as descricións a aqueles fenómenos relacionados directamente cos datos numéricos. Aqui podes acceder ao dataset.

Corpus de avaliación sintáctica:

Desenvolvéronse recursos públicos para a avaliación das capacidades sintácticas e semánticas de modelos de lingua para galego e portugués. As avaliacións tanto sintácticas como semánticas dos modelos neuronais do galego mostran que teñen desempeños similares a modelos equivalentes para outras linguas. Aqui podes acceder aos datasets (sintáctico e semántico) e aos modelos avaliados.

Corpus de composición semántica:

Dataset de avaliación semántica de expresións multipalabra en galego. A introdución deste dataset galego no evento SemEval 2022 (Task 2) permitiu que equipos internacionais traballasen no modelado semántico en galego. Aqui podes acceder ao dataset.

Corpus de frases con licenza CC0 (nos_gl_CC0):

Frases con licenza libre (CC0) en galego, recollidas co fin de alimentar o corpus textual de Mozilla Common Voice. Podes acceder ao corpus aquí.

About

Corpus de texto ou voz en galego (monolingües e multilingües) para diferentes tarefas PLN/ Monolingual and multilingual text and voice corpora in Galician for different NLP tasks.

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published