Skip to content

v1.46.8

Choose a tag to compare

@nando83 nando83 released this 23 Jul 10:01
· 91 commits to main since this release

anpa-socios 1.46.8 (estable)

Correccións de detalle detectadas ao validar a fase 28 en dispositivos.

Corrixido

  • Columna «Estado» en Actividades: a cabeceira mostraba estado_efectivo en vez de «Estado». A clave da etiqueta non coincidía coa que usa a táboa (que retira o guión baixo inicial). Agora aparece «Estado» e a orde por esa columna usa o estado efectivo visible (Activa / Sen grupo / Inactiva). O CSV segue exportando o estado cru.
  • Checkboxes e radios: o tic aparecía desprazado ao canto (por herdar o padding/ancho dos inputs de texto) e, ao estreitar moito a xanela ou en móbil, chegaba a verse un dobre tic. Agora só se neutraliza o modelo de caixa herdado e déixase que o tema / wp-admin debuxen o seu propio checkmark, evitando o tic duplicado. Corrixido en Xestión (admin) e no formulario de alta.
  • Botón «Xestionar grupos»: eliminado do formulario de edición de cada actividade. Era redundante — os grupos xa se xestionan na lista inline (crear, editar e historial).

Notas técnicas

  • Sen cambios de esquema (DB 1.37.0).
  • Suite en verde (959 tests, 2761 assertions).