Skip to content

v1.48.0

Choose a tag to compare

@nando83 nando83 released this 24 Jul 11:22
· 7 commits to main since this release

ANPA Socios 1.48.0 — Calendario académico e trimestres (fase34)

Nova xestión do calendario académico por curso, coa base para os seguintes
módulos de extraescolares e comunicación. Non xestiona pagamentos e nunca
cambia estados de forma automática
: as transicións críticas son manuais e
quedan rexistradas.

Novidades

  • Datas operativas por curso en Axustes → Cursos → Curso escolar: peche
    operativo do 1º e do 2º trimestre, con validación de orde e rango. Opcionais:
    se se deixan baleiras, o cálculo do trimestre volve ao modelo mensual.
  • Trimestre derivado da data (T1/T2/T3) a partir das datas operativas.
  • Estados separados de trimestre lectivo (pendente → activo → pechado) e
    de ventá de solicitudes (pechada ↔ aberta), persistidos por curso.
  • Panel de estado dos trimestres con transicións manuais (nonce +
    manage_options, idempotentes) rexistradas nun log de transicións.
  • Botón «Copiar datas do curso anterior» (+1 ano, editables antes de gardar).
  • Aviso automático no panel cando a comprobación diaria detecta que se
    alcanzou a data de peche operativo dun trimestre aínda activo. Só avisa; a
    xunta xestiona a transición cando queira.

Base de datos

  • Migración aditiva e idempotente a DB 1.38.0: novas columnas
    t1_peche_operativo/t2_peche_operativo en wp_anpa_cursos e novas táboas
    wp_anpa_curso_trimestres e wp_anpa_transicions. Sementa os trimestres do
    curso activo. Sen perda de datos; sen tocar matriculas.trimestre histórico.

Calidade

  • Suite PHPUnit verde (1003 tests). Novas probas puras do calendario e dos
    estados, e probas de inspección da UI, do repositorio e do cron.