Skip to content

26.10.3

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 10 Oct 00:02

Lua 26.10.3

Novidades

  • Problemas con Maxima (o que facía Yang): novo tipo de campo «Problemas» nos formularios, con enunciados en Markdown e LaTeX, variables fixas ou ao chou, semente e iteracións para xerar copias distintas do exame, e solucións resoltas pola IA e comprobadas con Maxima.
  • Buxo le PDF e imaxes coa IA (fórmulas en LaTeX, figuras e circuítos) e acepta Word, PowerPoint, Excel e Markdown.
  • Lua en castelán, inglés e portugués tamén nas pantallas novas.
  • Instalador renovado (Wails v3).

Arranxos

  • En macOS os informes volven compilarse con xelatex e Open Sans (antes caían a pdflatex).
  • LibreOffice 26 xa abre os OpenDocument (.odt) que xera Lua.

Descargas

  • macOS: lua-installer-macos_26.10.3.zip (universal: Apple Silicon e Intel).
  • Windows e Linux: os instaladores 26.10.3 aínda non están; usa os da Release 26.10.2. Buxo para Windows e Linux segue na versión 26.10.2.