Skip to content

Releases: piztusistemas/lua

26.10.6

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 14 Oct 16:29

Lúa 26.10.6

Novidades

  • Inicio: Lúa arrinca nunha pantalla de inicio que ocupa os dous paneis. No da esquerda, «Novo proxecto» e debaixo os proxectos creados ou metidos con Trasladar; os que non caben seguen no da dereita. Ao abrir un proxecto, os paneis pasan a ser o editor e o resultado. O botón Proxectos da columna volve ao inicio sen pechar o proxecto.
  • Cor de cada proxecto: cada proxecto pode levar a cor que prefiras (selector «Cor» na tarxeta, e «Cor por defecto» para volver á de antes). Vese na tarxeta e no indicador do proxecto aberto.
  • Fontes de coñecemento en todos os proxectos: o botón sae sempre; se Buxo aínda non se pode usar, di que falta (activalo, configurar a IA ou esperar a descarga) e onde se arranxa.
  • Proxectos en cartafoles do equipo: «Crear» leva ao paso «Configurar» (onde gardalo e fontes de coñecemento) antes de abrir o proxecto; cada proxecto pódese gardar en calquera cartafol do equipo.

Tamén na versión de macOS

  • Documentos sen as etiquetas dos campos: un texto longo, unha táboa ou unha imaxe deixan só o que escribiches no formulario, sen o nome do campo («Pregunta 1», «Resposta 1»…) enriba.
  • Aviso de versión nova máis visible: o botón «i» ponse laranxa e latexa, e «Sobre Lúa» di que hai unha versión nova para descargar e instalar.
  • Buxo actualízase só: se había unha versión nova mentres estaba aberto, instálase en silencio ao pechalo.

Notas

  • Esta versión publícase para Linux (instalador luar-instalar_debian_26.10.6.zip e actualización lua_26.10.6_linux_amd64.zip) e macOS universal, Apple Silicon e Intel (instalador lua-installer-macos_26.10.6.zip e actualización lua_26.10.6_darwin_{arm64,amd64}.zip).
  • Windows segue na 26.10.5 (a súa descarga está na Release 26.10.5).
  • Buxo segue na 26.10.4 (macOS) e 26.10.2 (Linux e Windows).

26.10.5

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 11 Oct 11:46

Lúa 26.10.5

Novidades

  • Trasladar: un só sitio (botón ⇅, Ctrl+Maiús+S para sacar, Ctrl+O para meter, ou soltando un ficheiro) para levar cousas fóra de Lúa e traelas.
    • Sacar este proxecto (.lua con formularios, datos, bóveda e plantillas), este documento (.json editable) ou todo Lúa como copia de seguridade (sen claves).
    • Meter: Lúa di que leva e onde vai antes de facer nada, crea proxectos cando fai falta, non pisa nada e pódese desfacer.
    • Lúa garda todo só: fóra Abrir, Gardar e Gardar como. O traballo solto de antes pasa ao proxecto «O meu traballo».
  • Proxectos máis lixeiros: crear un proxecto só pide o nome; os proxectos saen pregados e desprégase ao premer.
  • Deseñar formulario (+): catálogo común con todos os formularios creados, o cronograma e as actas, en cartafoles; marca e «Reutilizar». O asistente tamén ordena os cartafoles. «Quitar do proxecto…» no botón dereito da columna.
  • Solucións só co resultado: debaixo de cada pregunta ou nunha lista ao final.
  • Traballos na bóveda: botón «Bóveda» para engadir o documento (nota Markdown e PDF) á bóveda de Obsidian; se o proxecto non ten, Lúa créaa. Marca «sempre» por formulario. Os formularios en produción non van á bóveda.

Notas

  • Instalador e actualización para macOS (universal). Buxo segue na 26.10.4.

26.10.4

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 10 Oct 08:43

Lúa 26.10.4

Novidades

  • Lúa: o aplicativo chámase agora «Lúa» na interface, nos accesos directos e no apartado Sobre («Piztu Lúa»).
  • Mensaxes no teu idioma: os avisos e erros máis habituais (LaTeX, Maxima, exportar, abrir e gardar, actualizacións, IA) saen en galego, castelán, inglés ou portugués.
  • Buxo no idioma de Lúa: a xanela, o rexistro e os erros de Buxo saen no idioma escollido en Lúa.
  • Deseñador de formularios:
    • «Tubaxes»: ao abrir a pestana vese directamente o deseño; o formulario segue en automático ata que cambias algo.
    • A icona e a cor de cada formulario cámbianse co botón dereito sobre a icona → «Cambiar icona…».
    • Cada formulario coa súa forma e cor na columna esquerda; o modo (deseño/produción) indícase cun punto.
    • Paleta de campos reordenada, co campo de cálculo destacado.
  • Os avisos ao xerar van ao rexistro, en ámbar, despois da compilación.

26.10.3

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 10 Oct 00:02

Lua 26.10.3

Novidades

  • Problemas con Maxima (o que facía Yang): novo tipo de campo «Problemas» nos formularios, con enunciados en Markdown e LaTeX, variables fixas ou ao chou, semente e iteracións para xerar copias distintas do exame, e solucións resoltas pola IA e comprobadas con Maxima.
  • Buxo le PDF e imaxes coa IA (fórmulas en LaTeX, figuras e circuítos) e acepta Word, PowerPoint, Excel e Markdown.
  • Lua en castelán, inglés e portugués tamén nas pantallas novas.
  • Instalador renovado (Wails v3).

Arranxos

  • En macOS os informes volven compilarse con xelatex e Open Sans (antes caían a pdflatex).
  • LibreOffice 26 xa abre os OpenDocument (.odt) que xera Lua.

Descargas

  • macOS: lua-installer-macos_26.10.3.zip (universal: Apple Silicon e Intel).
  • Windows e Linux: os instaladores 26.10.3 aínda non están; usa os da Release 26.10.2. Buxo para Windows e Linux segue na versión 26.10.2.

26.10.2

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 05 Oct 18:10
108db7c
Add files via upload

26.10.1

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 03 Oct 19:35
108db7c
Add files via upload

26.10

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 02 Oct 19:52
108db7c

Agora lua conta con conexión a unha bóveda obsidian e ademais desde o asistente de datos podese modificar calquera texto dunha das celas do formulario

26.9.22

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 22 Sep 17:52
108db7c
Add files via upload