Skip to content

26.10.4

Choose a tag to compare

@piztusistemas piztusistemas released this 10 Oct 08:43

Lúa 26.10.4

Novidades

  • Lúa: o aplicativo chámase agora «Lúa» na interface, nos accesos directos e no apartado Sobre («Piztu Lúa»).
  • Mensaxes no teu idioma: os avisos e erros máis habituais (LaTeX, Maxima, exportar, abrir e gardar, actualizacións, IA) saen en galego, castelán, inglés ou portugués.
  • Buxo no idioma de Lúa: a xanela, o rexistro e os erros de Buxo saen no idioma escollido en Lúa.
  • Deseñador de formularios:
    • «Tubaxes»: ao abrir a pestana vese directamente o deseño; o formulario segue en automático ata que cambias algo.
    • A icona e a cor de cada formulario cámbianse co botón dereito sobre a icona → «Cambiar icona…».
    • Cada formulario coa súa forma e cor na columna esquerda; o modo (deseño/produción) indícase cun punto.
    • Paleta de campos reordenada, co campo de cálculo destacado.
  • Os avisos ao xerar van ao rexistro, en ámbar, despois da compilación.