You signed in with another tab or window. Reload to refresh your session.You signed out in another tab or window. Reload to refresh your session.You switched accounts on another tab or window. Reload to refresh your session.Dismiss alert
Inicio: Lúa arrinca nunha pantalla de inicio que ocupa os dous paneis. No da esquerda, «Novo proxecto» e debaixo os proxectos creados ou metidos con Trasladar; os que non caben seguen no da dereita. Ao abrir un proxecto, os paneis pasan a ser o editor e o resultado. O botón Proxectos da columna volve ao inicio sen pechar o proxecto.
Cor de cada proxecto: cada proxecto pode levar a cor que prefiras (selector «Cor» na tarxeta, e «Cor por defecto» para volver á de antes). Vese na tarxeta e no indicador do proxecto aberto.
Fontes de coñecemento en todos os proxectos: o botón sae sempre; se Buxo aínda non se pode usar, di que falta (activalo, configurar a IA ou esperar a descarga) e onde se arranxa.
Proxectos en cartafoles do equipo: «Crear» leva ao paso «Configurar» (onde gardalo e fontes de coñecemento) antes de abrir o proxecto; cada proxecto pódese gardar en calquera cartafol do equipo.
Tamén na versión de macOS
Documentos sen as etiquetas dos campos: un texto longo, unha táboa ou unha imaxe deixan só o que escribiches no formulario, sen o nome do campo («Pregunta 1», «Resposta 1»…) enriba.
Aviso de versión nova máis visible: o botón «i» ponse laranxa e latexa, e «Sobre Lúa» di que hai unha versión nova para descargar e instalar.
Buxo actualízase só: se había unha versión nova mentres estaba aberto, instálase en silencio ao pechalo.
Notas
Esta versión publícase para Linux (instalador luar-instalar_debian_26.10.6.zip e actualización lua_26.10.6_linux_amd64.zip) e macOS universal, Apple Silicon e Intel (instalador lua-installer-macos_26.10.6.zip e actualización lua_26.10.6_darwin_{arm64,amd64}.zip).
Windows segue na 26.10.5 (a súa descarga está na Release 26.10.5).
Buxo segue na 26.10.4 (macOS) e 26.10.2 (Linux e Windows).